
| Categoría | Axudante doutora |
| Teléfono | 986 81 86 61 |
| Despacho | Newton 5 (porta dereita) |
| Cargo | |
| Área | Tradución e Interpretación |
| laradoar@uvigo.gal | |
| Caixa do correo | 42 |
| Grupo de investigación | Tradución e Paratradución |
| WEB | 0000-0003-1257-838X N-1093-2019 Academia.edu |
Liñas de TFG
Interpretación de conferencias
Aspectos psicolóxicos e aprendizaxe da interpretación
Materias impartidas
- Aspectos profesionais da tradución e a interpretación
- Interpretación de enlace idioma 1: inglés-castelán
- Tradución idioma 1, II: inglés-castelán
- Antropoloxía das prácticas de tradución e interpretación
Materias afíns
Interpretación consecutiva e simultánea de inglés a galego e castelán
CV resumido
Doutora en Tradución e Estudos Interculturais pola Universidade Autónoma de Barcelona, posgraduouse en interpretación de conferencias na Universidade de Lisboa (EMCI) e é licenciada en Tradución e interpretación pola Universidade de Vigo. Profesional autónoma de 2006 a 2021, atesoura máis de 1000 h de experiencia como intérprete de conferencias do inglés e portugués ao castelán ou galego (e viceversa); no ámbito literario, destacan as súas traducións das novelas A virxe e o xitano de D.H. Lawrence (Irmás Cartoné), Istambul de Orhan Pamuk (Editorial Galaxia) e Terrorista de John Updike (Edicións Xerais).
Formadora convidada de interpretación en distintas institucións (a Xunta de Galicia, a Universidade da Laguna, o ISCAP do Porto e a Universidade de Lisboa), na actualidade é profesora a tempo completo na Universidade de Vigo (graos de Tradución e Interpretación, Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional e Programa de Doutoramento en Tradución e Paratradución). Como investigadora, ten publicado artigos e participado en congresos con contribucións relacionadas coa interpretación e a avaliación, dos que destaca o proxecto EACT sobre Avaliación na Adquisición da Competencia Tradutora coordinado pola profesora Amparo Hurtado (UAB).
Publicacións
- DOMÍNGUEZ ARAÚJO, Lara. 2021. The Virgin and the Gipsy. Descubrimento paio e lucidez vivaz que atravesa séculos. Viceversa. Revista Galega de Tradución, 293-296.
- DOMÍNGUEZ ARAÚJO, Lara. 2021. A interpretación en Galicia: entidades e empresas organizadoras de congresos, axencias e intérpretes tómanlle o pulso ao mercado. Viceversa. Revista Galega de Tradución, 439-474.
- DOMÍNGUEZ ARAÚJO, Lara. 2019. “Feedback in conference interpreter education: Perspectives of Trainers and Trainees”. Interpreting. International Journal of Research and Practice in Interpreting, 135-150.
- DOMÍNGUEZ ARAÚJO, Lara & Ana Iglesias Álvarez. 2019. Factores que inflúen na escolla do galego como lingua de traballo na interpretación en Galicia: análise sociolingüística dunha traxectoria profesional. Journal of Contemporary Galician Studies, 52-73.
- DOMÍNGUEZ ARAÚJO, Lara. 2019. Un trabajo que enamora: la profesión de intérprete en la película Je l’aimais. Intérpretes de cine Studien zur romanishen Sprachwissenschaft und interkultuerllen Kommunikation, Peter Lang. Berlín. Pp. 129-140.
