CategoríaTitular de Universidade
Teléfono+34 986 812 076
DespachoA47
CargoCoordinador do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional. Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia. (MTCI) e membro da prestixiosa rede de mestrados europeos en Tradución European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea.
Codirector do Título Propio Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo. (ETIV)
Promotor dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos
ÁreaTradución e Interpretación
Emailoferreiro@uvigo.gal
Caixa do correo
Grupo de investigaciónGrupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P)
http://paratraduccion.com/doctorado/
WEBhttp://www.oscarferreiro.com/

Liñas de TFG

  • Historia da tradución e interpretación na América colonial
  • Localización de videoxogos: adaptación cultural e transcreación
  • Tradución e literatura das banlieues

Materias impartidas

Grao en Tradución e Interpretación

  • Traducción Idioma 2, II: Portugués-Español
  • Interpretación simultánea idioma 1: Francés-Español

Máster en Tradución para a Comunicación Internacional

  • Traducción Especializada Económico-Comercial: Francés-Gallego-Francés / Francés-Español-Francés

Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas

  • Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras

Materias afíns

Linguas de traballo: Francés, Portugués, Galego e Español

  • Materias de Tradución e Interpretación en calquera combinación lingüística segundo as linguas de traballo mencionadas.

CV resumido

Óscar Ferreiro Vázquez naceu no cantón de Fribourg (Suíza). É licenciado e doutor en Tradución e Interpretación con mención Internacional e premio extraordinario pola Universidade de Vigo (UVigo). É profesor Titular no departamento de Tradución e Lingüística da mesma institución, onde imparte clases en grao, posgrao e doutoramento. É coordinador do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) -Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede de mestrados europeos en Tradución European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea. – Codirector do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), así como promotor dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos. Alén de máis, é profesor numerario de francés en educación secundaria, actualmente en excedencia.

Ten experiencia profesional como tradutor e intérprete e está habilitado por Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para exercer como tradutor xurado.

Na empresa privada impartiu aproximadamente 1 500 horas de formación (francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras) a directivos e traballadores. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, coordinando un equipo de tradutores e intérpretes para prestar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.

Pertence ao grupo de investigación Tradución & Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo e o seu interese céntrase na historia da tradución e interpretación durante a conquista e colonización española, a tradución do movemento globalizador hip-hop como expresión artística e cultural, a localización de videoxogos: adaptación cultural e transcreación e a (para)tradución dos fascismos.

Publicacións

  • Schurster, K; Ferreiro Vázquez, Ó. (2025). Magneto e a Paratradução do Holocausto nos Comics. Brasil: Recife: Edupe. ISBN: 978-85-7856-243-4.
  • Schurster, Karl., & Ferreiro-Vázquez, Óscar. (2024). «Traduction et paratraduction en tant que stratégies de résistance à la réification à l’ère de l’Intelligence Artificielle (IA)». Studia Romanica Posnaniensia, 51(3), 101–114. https://doi.org/10.14746/strop.2024.51.3.8
  • Ferreiro-Vázquez, Óscar (2022). El paraintérprete en la Real Audiencia de La Plata de Los Charcas del virreinato del Perú (1569–1575). En J. Yuste Frías e X. M. Garrido Vilariño eds. Traducción & Paratraducción I. Líneas de investigación, Berlín: Peter Lang, Col. Studien zur romanischen Sprachwissenschaft und interkulturellen Kommunikation («Estudos sobre linguas románicas e comunicación intercultural») dirixida por Gerd Wotjak, José Juan Batista Rodríguez e Dolores García-Padrón, Vol. 142, pp. 99-112. ISSN 1436-1914_ISBN 978-3-631-81038-5 (Print)_E-ISBN 978-3-631-81145-0 (E-PDF)_E-ISBN 978-3-631-81146-7 (EPUB)_DOI 10.3726/b16522.
  • Schurster, Karl e Ferreiro-Vázquez, Óscar (2022). «Images du mal, représentation et paratraduction : les limites du traduire». En De la paratraduction. – On paratranslation. Meta. Journal des traducteurs – Translator’s Journal .Vol.º 67, (3) ISSN 0026-0452, pp. 519-539. https://doi.org/10.7202/1100472ar
  • Ferreiro-Vázquez, Óscar (2019). Los «truchements de Normandie» e intérprete en el cine de época: «Rouge Brésil» como paradigma de la interpretación durante las conquistas. En Xoán Montero Domínguez (ed.) Intérpretes de cine: análisis del papel mediador en la ficción audiovisual. Frankfurt am Main: Peter Lang, pp. 154-164. ISBN: 9783631775264