
| Categoría | Profesora contratada doutora |
| Teléfono | 986 812 069 |
| Despacho | C46 |
| Cargo | |
| Área | Tradución e Interpretación |
| mveiga@uvigo.gal | |
| Caixa do correo | 107 |
| Grupo de investigación | ESTILOS GRETTEL (GID) |
| WEB | ORCID: 0000-0002-1082-165X / Researcher ID: L-3461-2014 Portal científico |
Liñas de TFG
- Tradución científica inglés-español/galego-inglés
- Tradución inglés-español/galego-inglés
Materias impartidas
Grao en Tradución e Interpretación
- V01G230703 | Tradución xurídica-administrativa idioma 1: inglés-español
- V01G230919 | Tradución científica-técnica idioma 1: inglés-español
- V01G230940 | Tradución especializada idioma 2: administrativa-económica inglés-español
- V01G230948 | Tradución especializada idioma 2: científica-técnica: inglés-español
- V01G230417 | Cultura e civilización para a tradución e a interpretación (conceptualizacións básicas): inglés.
Mestrado en Tradución Multimedia
- 10410 | Proxectos de tradución multimedia
Materias afíns
Tradución de idioma 1 ou 2 inglés-español/galego.
CV resumido
Licenciada e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Traballei como tradutora profesional entre 1997 e 2011, principalmente no ámbito da tradución científica. Dende 2003 son profesora da área de Tradución e Interpretación. Son integrante do grupo de innovación docente GRETTEL (Grupo de Estudos de Tradución, Tecnoloxías e Linguaxes) e do grupo de investigación ESTILOS – GRETTEL e as miñas principais publicacións están relacionadas coa didáctica da tradución, a tradución científica e a tradución audiovisual cara ás linguas minorizadas. No ámbito da xestión, fun Vicedecana de Calidade da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo entre xuño de 2014 e decembro de 2015. Tamén fun coordinadora do Máster Oficial en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo dende outubro de 2012 ata setembro de 2014 e dende outubro de 2022 ata xaneiro de 2025. Dende 2019, son membro do consello científico e da xunta directiva da AIETI (Asociación Ibérica de Estudos de Tradución e Interpretación). Actualmente, son membro do equipo de investigación de dous proxectos financiados pola Axencia Estatal de Investigación: CoMParTIR: Subcorpus Coralse Multilingüe Paralelo de Traducciones e InteRpretaciones (PID2022-139084NA-C33), liderado pola URJC, e TRANSFORMATEC: Transformación del mercado de la traducción técnica en la era de la IA y su impacto en la formación (PID2024-160014NB-I00), liderado pola UAB.
Docencia en:
- Grao en Tradución e Interpretación
- Máster en Tradución Multimedia
- Doutoramento en Comunicación
Teses dirixidas
La intertextualidad en los textos audiovisuales: propuesta de un modelo universal para el tratamiento de intertextos
Autora: Lucía Lorenzo Espiña
Directoras: Marta García González e Maite Veiga Díaz
Programa de doutoramento: Comunicación
Persoal investigador visitante
Superviso a estadía de Carlos Henrique Rodrigues, da Universidade Federal de Santa Catarina (Brasil).
Título do Projeto: Didática(s) da Tradução e da Interpretação: proposta de fundamentos para a formação de tradutores e de intérpretes na contemporaneidade.
Período da estadía: do 29/08/2022 ao 28/08/2023
Publicacións
Artigos científicos:
- Rodrigues, Carlos e Veiga Díaz, María Teresa. 2024. “Didáctica de la Traducción e Interpretación en España: un estudio de las tesis doctorales defendidas entre 1976 y 2022”, en Didacticae. Journal of Research in Specific Didactics, 15, 1-22.
- Veiga Díaz, María Teresa. 2023. “COLOUR AS A METACOGNITION ENHANCING STRATEGY IN SCIENTIFIC TRANSLATORS’ EDUCATION”, en Current Trends in Translation Teaching and Learning E, 10, 77-108.
- Veiga Díaz, Maite e García González, Marta. 2023. “Cross-curricular Training of Specialized Translators: an Interdisciplinary Didactic Experience in Economic and Technical Translation”, en CLINA: an interdisciplinary journal of translation, interpreting and intercultural communication, 9(2), 17-40.
- Veiga Díaz, María Teresa. 2023. “Self-Efficacy and Self-Awareness in Scientific Translators’ Education: A Preliminary Study.”, en Cadernos de tradução, 43(1).
Capítulos de libro:
- Veiga Díaz, María Teresa. 2023. “Traducción médica, inclusión social, salud y bienestar: una experiencia de aprendizaje-servicio”, en Rodríguez-Faneca, Cristina (ed.). La traducción y la interpretación desde y hacia el Mediterráneo. Editorial Comares, pp. 277-284.
