CategoríaAsociada
Teléfono986813803
DespachoNewton 5
CargoProfesora
ÁreaTradución e Interpretación
Emailahr@uvigo.gal
Caixa do correo120
Grupo de investigaciónBITRAGA
WEBhttp://paratraduccion.com/limiares/ana-hermida-ruibal/

Liñas de TFG

  • Aspectos profesionais da tradución
  • Tradución portugués-español-portugués e portugués-galego-portugués
  • Informática aplicada á tradución

Materias impartidas

Grado en Tradución e Interpretación:

  • Tradución idioma 2 II: portugués-español
  • Tradución idioma 2 II: portugués-galego
  • Tradución idioma 2 III: portugués-español
  • Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos

Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional:

  • Xestión de memorias de tradución

Materias afíns

Grado e licenciatura en Tradución e Interpretación:

  • Tradución idioma 2 I, II e III: portugués-español e portugués-galego
  • Tradución especializada idioma 2: Científico-técnica: portugués-español
  • Tradución especializada idioma 2: Servizos culturais: portugués-español
  • Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
  • Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Informática avanzada
  • Idioma moderno 2 (I, II, III e IV): portugués
  • Lingua portuguesa I e II

Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional:

  • Xestión de memorias de tradución

CV resumido

Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, tradutora/intérprete xurada (galego-inglés-galego) nomeada pola Xunta de Galicia, posúe o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Tradución e Paratradución pola mesma universidade, e é tradutora a tempo completo desde 1998: durante 15 anos coma socia-fundadora dunha empresa de tradución en Portugal —onde desempeñou tarefas de tradución, revisión e coordinación de proxectos multilingües— e, máis tarde, coma autónoma residente en Galicia. En 2003-2004 formou parte do equipo de localización de software do Windows XP e Office 2003 ao galego e, durante seis anos, foi LQS Language Specialist e Terminologist en proxectos de Microsoft. As súas linguas de traballo son o portugués, castelán, galego e inglés, e está especializada en tradución xurídica, financeira/bancaria e de seguros; tecnolóxica/de programas informáticos, técnica e de proxectos educativos; e turística, hostaleira e gastronómica.

Actualmente forma parte da xunta directiva da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) e é socia da devandita asociación desde 2009. Así mesmo, tamén é socia da APTRAD, Asetrad, APT e AIETI, e coordinou a sección «Tribuna universitaria» da revista La Linterna del Traductor, de Asetrad, durante varios anos.

CV en LinkedIn: https://www.linkedin.com/in/anahermidaruibal/

Publicacións

Traducións publicadas:

  • Museo Guggenheim Bilbao. 2018. Joana Vasconcelos, I’m Your Mirror. Bilbao: La Fábrica y Museo Guggenheim Bilbao. (Tradutora de portugués a español).
  • Luis e Alejandro Paadín. 2017. Os milenarios lagares rupestres de Galicia. A Coruña: Servino Consulting. (Tradutora de español a galego).
  • Salter, J. 2008. A idade da auga. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. (Tradutora de inglés a galego).
  • Callejo, J.; Loução, P. e Martínez, T. 2007. Lugares mágicos en España y Portugal. Lisboa: Ésquilo. (Tradutora de portugués a español).
  • Hanbuckers, A. 2006. Cocina (r)evolución. Barcelona: Buffet&Ambigú. (Tradutora de español a galego; edición cuadrilingüe ES/CA/GL/EU).