O Departamento de Tradución e Lingüística ten en marcha dous proxectos STEMbach (Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía) con senllos institutos. Estes proxectos achegan o traballo que se desenvolve nas universidades ao alumnado de educación secundaria e pretenden promover as vocacións do alumnado mediante a investigación científica e tecnolóxica.
O coordinador STEMbach na facultade é o profesor Luis Alonso Bacigalupe.
IES Val Miñor (Pontevedra) (bienio 2021-2023)
Título: «Cunqueiros de ida e volta: antoloxía de poetas traducidos e inventados por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo».
Directora: Rexina Rodríguez Vega
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo) (bienio 2023-2025)
Título: «Influencers educativos: uso das TIC para aprender linguas e cun fin social. Uso de programas de subtitulación para persoas xordas e audiodescrición para persoas cegas. Uso de programas de edición en Lectura Fácil para persoas con discapacidade cognitiva ou con problemas de comprensión lectora».
Directora: Lourdes Lorenzo García
