.wp-block-gutenbee-imagebox.block-9d50ad-f54a-44 .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

BITRAGA

O grupo BITRAGA elabora dende o ano 2004 a Biblioteca da Tradución Galega que contén a referencia bibliográfica dos textos literarios traducidos cara a e dende a lingua galega. O seu obxectivo é proxectar a importancia política e cultural da produción traducida.
Este catálogo favorece o intercambio científico de datos entre todas aquelas persoas interesadas neste ámbito de coñecemento: tradutoras/es, editoriais, asociacións profesionais, asociacións de escritoras/es, comunidade académica, así como calquera outra institución, organismo público e privado.
Nesta primeira fase, a Biblioteca da Tradución Galega recolle as traducións literarias publicadas dende 1980 ata a actualidade. Trátase dun proxecto en constante revisión, aberto a suxestións e ampliacións.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-c7f288-41b6-42 .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P)

O Doutoramento en Tradución e Paratradución (T&P) investiga como, ao longo da historia, a tradución e a interpretación constituíron prácticas fundamentais na construción das culturas e nas súas capacidades de cambio. As culturas son o resultado dunha constante negociación de textos traducidos, tanto lingüísticos como icónicos ou simbólicos. As persoas dedicadas a tradución e interpretación actúan como axentes de mediación cultural con capacidade de impulsar transformacións sociais e políticas na administración dos servizos públicos. Na inmensa maioría dos casos, vivimos realidades mesturadas, lemos textos traducidos, vemos imaxes adaptadas e consumimos produtos localizados que son froito de procesos de tradución e interpretación.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-469389-ab68-4f .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

Grupo TALG (Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega)

Aquí vas poder acceder tamén a diversos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvoltos polo TALG, entre outros, o tradutor automático español-galego do SLI, a plataforma de consulta RILG, o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, o Dicionario multilingüe Galnet, o Dicionario de sinónimos do galego, o Corpus paralelo CLUVI, o Corpus Técnico do Galego (CTG), o Corpus paralelo SensoGal con traducións lematizadas e etiquetadas semanticamente, o banco de datos sobre neoloxía do galego da Neoteca, a ferramenta de consulta da toponimia galega Aquén, e os etiquetadores de FreeLing, SLI-Tagger e Lingaliza para a análise lingüística automática do galego.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-f1ba39-a970-41 .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade)

O grupo de investigación GRADES está constituído por persoal investigador das áreas de Lingua Española e de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo. Ten como principal cometido desenvolver investigación básica e aplicada sobre a linguaxe e as linguas dende unha perspectiva sociodiscursiva e funcional. A nosa oferta formativa articúlase en diferentes titulacións de grao e posgrao da Facultade de Filoloxía e Tradución, así como tamén no Programa de Doutoramento Interuniversitario de Estudos Lingüísticos.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-d9ed65-2e0e-46 .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

BiFeGa

A estreita cooperación ao longo de máis dunha década en actividades científicas e de divulgación, codirección de teses doctorais, publicacións, cursos de mestrado e doutoramento e en diversos proxectos de investigación favoreceu a creación dun grupo altamente competitivo e produtivo, cunha xestión de recursos máis eficaz.
O obxectivo de BiFeGa é a investigación interdisciplinaria a partir de metodoloxías actuais dos Estudos Literarios e Culturais en lingua galega, portuguesa e inglesa; dos Estudos de Tradución, Interpretación e Terminoloxía en inglés, francés, alemán, galego e español; así como dos Estudos Feministas e de Xénero.
Destaca a excelencia e o impacto internacional da nosa produción científica, así como o elevado número de ámbitos culturais e lingüísticos nos que se publica (alemán, español francés, galego, inglés e portugués), dos proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos liderados e nos que se participou e dos numerosos convenios con entidades nacionais e internacionais.
Hai membros de BiFeGa que ocupan postos de liderazgo en organizacións de gran relevancia autonómica e internacional, coas que existen numerosas colaboracións: Association of Programmes in Translation and Interpreting Studies UK and Ireland, Fundación Rosalía de Castro en Galicia e a I Cátedra Internacional José Saramago na Universidade de Vigo.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-690a5d-4d44-4e .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

GALMA

O obxectivo de GALMA é promover a investigación, a formación e a transmisión de coñecementos na área da accesibilidade aos medios en beneficio das persoas que, por diferentes motivos, non poden acceder aos contidos audiovisuais orixinais. O traballo feito en GALMA enmárcase nunha noción ampla da accesibilidade aos medios que ten en conta as persoas con discapacidade, con dificultades cognitivas e con limitacións relacionadas coa aprendizaxe ou coa idade, así como aos usuarios sen discapacidade que poden precisar acceso lingüístico a contidos audiovisuais producidos nunha lingua estranxeira. Debido a isto, os investigadores de GALMA traballan nunha ampla variedade de temas relacionados con diferentes modalidades de tradución audiovisual (subtitulado para persoas xordas ou con discapacidade auditiva, audiodescrición para persoas cegas ou con discapacidade visual, dobraxe, interpretación nos medios, etc.) e prestan especial atención a dous aspectos: a calidade da accesibilidade aos medios e a integración da accesibilidade aos medios como parte do proceso de produción audiovisual.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-d02d7e-69c7-4c .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

Literatura Infantil e Xuvenil Angloxermana e a súa Tradución (LIX)

Literatura para nenos e mozos en inglés, alemán e francés: traducións e adaptacións (análise das catro linguas oficiais de España).
Análises literarios e críticas de libros infantís en inglés, francés e alemán.
Estudo histórico-social do desenvolvemento da literatura infantil en inglés, francés e países de fala alemá.
Tradución multimedia. Análise crítica de produtos audiovisuais derivados de libros para nenos e mozos.
Tradución audiovisual: subtitulado para persoas xordas ou con discapacidade auditiva.
Produtos audiovisuais de dobre receptor (nenos/mozos e adultos) e a súa tradución.
Accesibilidade en LIX e en produtos audiovisuais de dobre receptor (nenos/mozos e adultos): subtitulado para persoas xordas; audiodescrición para persoas cegas e lectura fácil para persoas con discapacidade cognitiva ou problemas de comprensión lectora.
Innovación docente en LIX, en produtos audiovisuais de dobre receptor (nenos/mozos e adultos) e en accesibilidade: pódcasts, pílulas docentes, LIX nas redes sociais.
LIX de tradición oral: contos, rimas e cancioneiros do folclore.

.wp-block-gutenbee-imagebox.block-be3733-2617-40 .wp-block-gutenbee-imagebox-figure img { width: 160px; }

Estudios de Traducción, Interpretación, Lenguas Orales y Signaturas

Liñas de investigación
Grupo de Investigación de Lengua Española & Lenguas Signadas (GRILES)
Linguaxe humana, lingua española, adquisición e aprendizaxe de linguas, gramática e cambios lingüísticos, variedades das linguas, escritura. Lingüística histórica, análise do discurso. Linguas en contacto no espazo ibérico.
Lingua de signos española (LSE), tradución e interpretación de linguas orais e signadas.
GRETTEL (Grupo de Estudos de Tradución, Tecnoloxías e Linguaxes)
Comunicación e tradución especializadas: análise e descrición dos xéneros especializados, con especial atención aos ámbitos científico, xurídico e económico, e aos aspectos máis relevantes relacionados coa tradución deste tipo de xéneros. Lexicografía bilingüe galego-español.
SSocioloxía da tradución: análise e descrición dos aspectos interculturais da mediación lingüística e análise e descrición da tradución de linguas minoritarias. Heterolingüismo e autotradución literaria.
Tradución e software libre: análise e fomento do uso do software libre na formación de tradutores, así como a promoción da cooperación entre estudantado, profesorado e profesionais da tradución e as comunidades dedicadas á localización deste tipo de software.